martes, 11 de outubro de 2016

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS: EL ABUELO QUE SALTÓ POR LA VENTANA

JONAS JONASSON, El abuelo que saltó por la ventana, Salamandra, Barcelona, 2012,  414 páxinas.

[NUC JON abu]

Todo o mundo sabe que xa remataron as vacacións e que son moitos os que xa voltaron ao cole.
O Club de Adultos Biblos Aguiar comeza a pensar en lecturas e conversas.
O lugar de encontro: A Libraría Biblos onde tan xenerosamente nos acollen Carmela e Tucho.
O horario, aínda está por determinar.

Os membros do Club: todos os que teñan curiosidade por compartir lecturas, estén ou non, vinculados ao noso IES. Esperamos no espazo público de Biblos aos que desexen vir.

A primeira lectura: unha novela imperfecta, dun humor discutible, que leva ao lector de paseo pola historia do infame século XX.

Os coordinadores do encontro: o Comando Jonasson (os alumnos que cursaron Literatura Universal de primeiro de Bacharelato e, que, xentilmente, préstannos os seus exemplares).

Estades todos convidados a esta festa da dinamita!