xoves, 10 de decembro de 2015

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS: ENCONTRO CON ANXOS SUMAIANXOS SUMAI, CLUB DE LECTURA

Así nacen as baleas é unha novela líquida. Esa foi unha das conclusións dunha fecunda (e divertida) xuntanza coa escritora Anxos Sumai.
Anxos falou da orixe da novela: un traballo sobre a violencia sexista que a levou a analizar o que tamén ocorre no ámbito privado da familia. 
A familia que conforman os donos da ferraxería Cándido oculta, tras o visillo do éxito económico e social, a infelicidade que acaba desencadeando a traxedia, nun mundo no que non hai amor para os seres singulares, que son rexeitados polas súas taras.
Unha historia sobre a amputación emocional, sobre a anomalía, sobre o desafecto... que está sustentada sobre unha arquitectura simbólica na que os encaixes, o funil e a corda e o caldeiro, pero por enriba de toda, a auga, condicionan a mirada intrusa do lector.



Ningún comentario:

Publicar un comentario