Hora: 19 horas
Lugar: Libraría Biblos
Ou, que non somos chineses?
Pois ben: somos galegos, e aínda que o fotógrafo non soubo captar a beleza que, de tela, probablemente non resida nas nosas costas, aí andábamos a falar, no acolledor salón de actos de Biblos, cunha naturalidade que non existe no óleo chinés.
O fotógrafo destas instantáneas, foi Julián Ferrer.
Aparece sorrindo na zona esquerda do Gol Norte, que parece que, polo menos esa tarde, foi a cabeceira ocupada polos homes lectores.
O hospitalario Tucho Calvo non se conformou con abrirnos as portas da súa casa. Agasallounos cun exemplar numerado firmado de Francisco Xavier Fernández Naval. Ademais fixo as fotografías nas que a xente fermosa sae coa fermosura que ten.
Falamos do sentido que podería ter reunirse co pretexto das lecturas que acordaríamos facer despois de elexir un horario de interese común:
o mércores de 19:00 en adiante.
o mércores de 19:00 en adiante.
Ese serán rematamos as 20:30
(aínda que houbo algúns que foron tomar un café na terraza do Lanzós:
xente á que se lle cae a casa enriba, xa sabedes).
(aínda que houbo algúns que foron tomar un café na terraza do Lanzós:
xente á que se lle cae a casa enriba, xa sabedes).
Estudamos a posibilidade de ler "in situ" algún conto, algún poema, algún libro ilustrado (mesmo explicamos a proposta coa escoita de ORACIÓN POR MIS PADRES de Jesús Aguado e a lectura superficial de La niña de rojo de Roberto Innocenti & Aaron Frisch.)
Pero a maioría preferiu empezar no formato clásico de lectura individual na casa.
As novelas nas que tiñan pensado os membros do Equipo da Biblioteca foron obras que tematizaran o noso presumible interese común: a educación.
Por iso optamos entre unha comedia de Nick Hornby: Todo por una chica, e
unha traxedia de Herman Koch: A cea
E a maioría...
elexiu...
a T R A X E D I A....
E logo din que a xente quere ler para se relaxar....
*********
O grupo non está pechado. De feito, xa necesitamos tres cadeiras máis.
Os que queiran sumarse poden poñerse en contacto connosco no correo seguinte:
bibliofranciscoaguiar@gmail.com
O grupo non está pechado. De feito, xa necesitamos tres cadeiras máis.
Os que queiran sumarse poden poñerse en contacto connosco no correo seguinte:
bibliofranciscoaguiar@gmail.com