luns, 24 de febreiro de 2014

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR


   Fai uns días facíamos unha proposta aos pais e nais de alumnos do noso IES: Constituir un Clube de Lectura. A día de hoxe, podemos decir que haberá Clube de Lectura de Adultos Aguiar, pois neste momento dazaséis nais ou pais entregaron a súa correspondente inscripción. Tamén arredor de seis ou sete profesores queremos iniciar con vos esta andaina ilusionante. Aínda poden chegar máis inscripcións... O que podemos adiantar é que todos os inscritos coincididen nunhas preferencias horarias que motivaron que buscáramos un lugar distinto ao Instituto para ter esas reunións. Damos gracias a Biblos Clube de Lectores por ofrecernos xentil e desinteresadamente o seu auditorio para ter esas xuntanzas. Próximamente recibirán unha convocatoria os animosos lectores e lectoras. Moitas gracias.