xoves, 23 de xaneiro de 2014

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS



Estimados pais e nais

            O motivo que nos leva a dirixirnos a vós é a seguridade de compartir un desexo e unha responsabilidade. A responsabilidade de educar, dende as casas ou dende a escola, aos rapaces e rapazas que forman o alumnado do IES Francisco Aguiar. O desexo de acadar  cada vez mellores canles de comunicación e coñecemento entre as familias e o centro escolar.

            Neste sentido coidamos que a lectura pode ser un axeitado instrumento para ir construindo este coñecemento e sintonía entre os diversos membros da comunidade educativa. A experiencia, no que levamos do curso, cos clubs de lectura estanos e confirmar que a lectura compartida e a conversa detida sobre ela é unha ferramenta poderosísima para construir convivencia. Seguro que os vosos fillos e fillas xa vos terán contado algo disto...pero tamén podedes botar unha ollada ao blogue da biblioteca( http://biblioaguiar.blogspot.com.es/)  ou ao dos clubs de lectura do Instituto( http://100asparavoar.blogspot.com.es )

            Con todo isto queremos xustificar a nosa proposta, que non é outra que a invitación a que vos sumedes para formar un club de lectura para nais e pais. Queremos reunir ás persoas interesadas en falar periódicamente sobre un libro que acordemos ler.  A nosa idea é que ditos libros sexan tamén un estímulo para falar do que nos une a familias e docentes, a educación. É por iso,  que pensamos elixir libros de ficción pero cuia temática xire arredor destes temas.

            Cada reunión do club de lectura estará moderada por un profesor ou pai-nai e terá lugar no Instituto cunha periodicidade de dous meses ( para que ninguén se vexa agobiado). Os horarios poden ser o máis complicado de coordenar. Deberíamos consensualos  para facilitar a asistencia ao maior número de persoas posible. Por iso, na ficha de inscrición que vos adxuntamos vos rogamos que indiquedes a hora que mellor se adapta ás vosas ocupacións. Logo... con todos os datos, trataremos de chegar á solución máis compartida .

            Agardaremos as vosas contestacións ( ou dúbidas, ou suxestións) que nolas podedes facer chegar por medio dos vosos fillos e fillas  (que traerían a ficha de inscipción ) ou escribindo á dirección de correo da biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com   indicando como asunto “club lectura nais pais” 
O vindeiro 1 de febreiro, coas respostas que teñamos, comezaremos a organizar o club  de lectura. Pero.... ¡a porta do club non pecha! En calquera momento que queirades ou as circunstancias vos deixen podedes sumarvos  ao club, ¡seredes benvidos!

    Betanzos 23 de xaneiro de 2014



martes, 14 de xaneiro de 2014

14 DE XANEIRO 13


   Que como foi todo? Pois, ben, tendo en conta que era a primeira maxi-reunión simultánea. Quedar a comer no centro e ter que abrir o salón de actos para podernos remexer é unha alternativa. Darlle vacacións a timidez para soltarse a falar é unha decisión de velocidade lenta. Ter a decisión de dicirlle aos profes que certos libros son infantís, esixe unha vontade firme. En fin, resumindo, todo moi bonito e precioso?

   Lados escuros hai. Por exemplo: algúns rapaces de primeiro confesaron que cando se anotaran no club, máis que por ler en compañía o fixeran por vir comer ao Instituto. Aquí, pais e nai gastronómicas betanceiras, algo non casa. Sei que os martes tedes todas e todos no menú día verdura? É o día municipal do repolo de Betanzos que ten aos vosos fillos tan fartos? Prefiren pasar fame enganado o estómago coas poucas larpeiradas que lles deron os profesores?

   Ou será que con as ás deses libros venlles chegando o desexo de voar!




14 DE XANEIRO 13


O curioso incidente do can a media noite.


14 DE XANEIRO 12


Algúns leron Aula.com, outros Lágrimas de sangre.


Os megatoxos e a espada esmeralda.


O Mecanoscrito da segunda orixe.


14 DE XANEIRO 11



Pois nada diso, amigos. Arredor de oitenta rapaces coincidindo no desexo de xuntarse para falar dos libros que tiñan lido no trimestre anterior.

14 DE XANEIRO 10


Anuncio publicitario de bebida de refrescos rodado sen permiso do Equipo Directivo do IES Francisco Aguiar?


14 DE XANEIRO 09


Proxecto de galán lendo o guion do seu novo proxecto cinematográfico?

14 DE XANEIRO 08


Moi sensata alumna universitaria, que non perde o tempo e mesmo simultanéa novela de Care Santos e bocata de tortilla?

14 DE XANEIRO 07


Rapaz ben alimentado con ensalada tibia de pasta presumindo 
dos coñecementos adquiridos en Master Chef jr?

14 DE XANEIRO 06


Asamblea informativa liderada por Uxía Castelos, bocata na man, a falta de megáfono?

14 DE XANEIRO 05


Profesores degustando a tortilla de Pepita en horario non docente?

14 DE XANEIRO 04


Fermosas rapazas que esperan con serenidade a amonestación da Xefa de Estudios?

14 DE XANEIRO 03


Clase na escuridade por impago de facturas?

14 DE XANEIRO 02


Sesión de botellón abstemio?


14 DE XANEIRO 01


Xente tentando coller unha larpeirada no recreo?


OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA, Anxo Fariña


ANXO FARIÑA, Os Megatoxos e a espada esmeralda, Xerais, Vigo, 2008, 142 páxinas.

**********
Neste caso a viaxe é de ida e volta. Unha máquina do tempo traslada a estes alumnos especiais a Idade Media. Unha megaventura para estes heroes aos que certos profesores non lles meten falta ás clases.



MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE, Manuel de Pedrolo


MANUEL DE PEDROLO, Mecanoscrito da segunda orixe, Galaxia, Vigo, 1989, 174 páxinas.

**********
A outro lote de alumnos de primeiro tocoulles unha viaxe distinta. Publicada en 1974, a novela de ciencia ficción do catalán Manuel de Pedrolo (na que Alba e Didac loitan nun mundo arrasado) segue a ter lectores, e, próximamente, espectadores, pois a productora Antàrtida iniciou a adaptación cinematográfica, aínda que a morte prematura de Bigas Luna impón a elección doutro director.


EL ENIGMA DE LA MUCHACHA DORMIDA, Joan Manuel Gisbert




JOAN MANUEL GISBERT, El enigma de la muchacha dormida, Bruño, Madrid, 1996, 196 páxinas.

**********
Os alumnos do Clube de Lectura de primeiro da ESO, que viaxaron ao século XV, compartirán as súas impresións arredor desta historia de taumaturgos e nigromantes, chea de misterios.